juan rivas

PINTURA NO LUGAR

A proposta consiste en debuxar a paisaxe nalgún soporte que forme parte da paisaxe, e dicir debuxar o que estas vendo, nun poste ou nunha farola, de maneira que unha vez rematado o debuxo, dende ese punto, se poidan ver a paisaxe e o seu debuxo. Utilizo técnicas de debuxo rápidas como pastel, xices, lápices de cores, rotuladores para poder captar a luz do momento.

Unha vez rematada a intervención, recollo nunha mesma fotografía a vista e o debuxo da vista. Interésame recoller na fotografía a textura do soporte que está a intemperie (metal, madeira, cemento..) en combinación coa plasticidades da pintura e a luz da escena.

Interésame o proceso da pintura do natural: a busqueda da vista e os cambios de luz. Non levo un cadro ou unha libreta onde pintar, o cadro queda alí onde foi pintado, pero levo unha foto que recolle as dúas cousas: paisaxe e cadro.

A fotografía recolle un traballo efémero. Os materiais plásticos non son estables e os xices e os pasteis desaparecen coa choiva. Ademais de captar a luz nese momento, é importante o punto de vista no que se pode observar a paisaxe e o cadro, polo que a imaxe fotografada é básica no proxecto.

Antes deste proxecto, fotografaba a paisaxe e logo, a partir da foto, pintaba un cadro, agora o proceso invértese xa que pinto a paisaxe e fotografo o cadro.

DATOS

Juan Rivas Fernández ( Pontevedra 1974).

Licenciado en Belas Artes (Pontevedra, 1999). Erasmus Kingston University Kingston Upon Thames. (London 1996-7). Bolsa de pintura do Concello de Mojácar (Almería, 1999). Bolsa Novos Valores (Deputación de Pontevedra, 2005). Artist in Residence – Krems an der Donau (Austria, 2009).

Na actualidade son profesor de ensino medio Maside (Ourense) e vivo en Marín (Pontevedra). Teño realizado exposicións como: Luz que nunca se apaga Galeria Estampa, Madrid; Álbum Buzzati Espacio Valverde, Madrid (2015). Paisajes Tuneados Galeria Estampa, Madrid (2012). Nö Dokumentationszentrum für Moderne Kunst, St. Polten, Austria; Share your dreams, Junge kunst aus der EU, Suppan Contemporary, Viena, Austria (2009).   

Advertisements

%d bloggers like this: