mar caldas

inedito1

O MUNDO PATAS ARRIBA

 Quixen aproveitar a oportunidade de inmiscuirme nas páxinas dun medio de comunicación para, valéndome de imaxes e textos procedentes, á súa vez, do discurso xornalístico, desnaturalizar a división sexual.

 Quería ir alén da seriedade empregada en traballos teóricos e da ironía e a ambigüidade habitual nos meus traballos artísticos. Empregar a comicidade para falar de cousas serias, é unha forma de alixeirar o discurso crítico sen que deixe de selo e, polo tanto, pode chegar a ser máis incisivo. Ademais, o humor facilita a exposición das ideas dunha maneira moi gráfica.

 Recorrín a imaxes de personaxes públicos coñecidos (e recoñecidos), a estéticas e linguaxes familiares para, mediante unha intervención mínima, deixalos enrarecidos, volvelos chocantes, desprazados.

 Esa mínima intervención, con todo, debía de alterar todo o discurso habitual e, deste xeito, facer visible o que tan a miúdo nos pasa inadvertido. Esa sinxela estratexia debía de denunciar a arbitrariedade dos roles sexuais socialmente asignados, ao darlles totalmente a volta. Apenas cambiando as cabezas delas polas deles, colocando sobre un xénero o tipo de discurso que se coloca sobre o “oposto”, resultaban homes e mulleres con actitudes, comportamentos, roles, propiedades, intereses, aspiracións, xestos, técnicas corporais, usos do espazo, etc. inapropiados, inconvenientes, inusuais ou impensables de acordo aos principios da división sexual.

 Os textos proveñen de revistas do corazón e de medios “máis serios”, algúns están copiados case literalmente, apenas se intercambiou o nome do personaxe feminino polo do masculino, ou á inversa.

O nome desta sección –Inédito– viña como anel ao dedo para este traballo: neste contexto, a palabra “inédito” repetía e amplificaba o propio concepto de “o mundo patas arriba”.

INÉDITO2

Datos Persoais

Mar Caldas Vigo (1964) é unha artista visual que emprega
a fotografía, o texto e o vídeo. É profesora
na facultade de Belas Artes de Pontevedra.

8 Respostas to “mar caldas”

  1. O MUNDO PATAS PARA ARRIBA Mar Caldas « INÉDITO Says:

    […] VER FOTOS E TEXTO […]

  2. rita Says:

    Qué proxecto máis chulo, encántame! Estas cousas así tratadas chegan moito mais.

  3. berta a. cáccamo Says:

    hola Mar, interesante é necesario este traballo de crítica dos roles sociais no xénero. Vemonos. unha aperta

  4. Brétemas » «O mundo patas arribas», Mar Caldas Says:

    […] este traballo fotográfico de Mar Caldas («O mundo patas arriba») para a sección «Inédito» que coordinada por Manuel Sendón publica A […]

  5. Galiza Sosego Says:

    Fabuloso!!!!! Grazas.

  6. Carmen Says:

    Bueno, la verdad es que me he reido un rato. Con una mínima inversión de lo que es la imagen total, saltan chispas. Se hacen evidentes los estereotipos y características que aplastan a cada uno de los géneros y que sin embargo habitualmente pasan desapercibidos ya que son los modelos sobre los que la realidad está construida.

  7. Laboratorio Violeta Says:

    Benquerida Mar Caldas, publicamos o teu texto “O mundo patas arriba” en Laboratorio Violeta.
    Por suposto citando a fonte orixinal.
    Parabéns polo teu traballo. Lembra un texto sobre unha entrevista de traballo na que se invirten os estereotipos. Procuraremos penduralo tamén.
    Saúdos violetas.

  8. Olga Castro Says:

    Os meus parabéns por esta iniciativa. Aplicación práctica da lei de inversión.. Que clariño se pode ver así!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: