pierre gonnord

Imaxes realizadas por Pierre Gonnord en Galiza.

O Lagarto Fisterra 2009

O Lagarto.Fisterra

BAIXO A PEL

A fotografía é, para min, o “Gran Alibi”, a coartada para achegarme a
outras persoas, grupos e lugares. É a posibilidade, a oportunidade
única do encontro para coñecer o “outro” e poder entender mellor as
cousas, aprender sobre a nosa condición humana, realidades sociais e
culturais.

Elixo os meus contemporáneos no anonimato da cidade ou do campo
porque o seu rostro narra, baixo a pel, historias singulares e
insólitas sobre a nosa época. Eles representan unhas determinadas
realidades sociais e, ás veces, outro concepto da beleza. Pero sobre
todo intento falar do individuo inclasificábel e atemporal, do home
universal que todos levamos dentro.

Ando a buscar nos puntos de encontro da escena urbana; logo máis alá,
na periferia urbana; lugares ás veces isolados do Mundo, até
escenarios máis marxinais. Ultimamente saín da cidade cara a aldeas e
vilas da península Ibérica por lugares de tránsito. Estoume achegando
á cidadanía do mundo rural, aos que traballan o solo, a terra, a mar
e até baixo terra, como son os mineiros asturianos, os pescadores
galegos da Costa da Morte ou os labregos de Fisterra.

Cada día, no ritual fotográfico, vou construíndo, pouco a pouco, o
meu diario. É unha forma de sentirme vivo. Intento así deter o tempo
escoitando falar e respirar aos demais, moi a miudo no silencio e
deixando pegada encol do efímero. Tecendo, á par, unha sorte de
autorretrato. É, á vez, un acto de rebeldía contra o esquecemento.

Pierre Gonnord 2009

Pepe de Lado Sardiñeiro 2009

Pepe do Lado. Sardiñeiro

Datos Persoais

Pierre Gonnord (Francia 1963) vive e reside en Madrid desde 1988.
Fotógrafo autodidacta e afeccionado desde a adolescencia, desde moi
pronto está fascinado polos grandes mestres do retrato.

A finais de 1998 empeza o seu proxecto persoal sobre o rostro humano
cunhas series de retratos sobre a mocidade urbana Interiors (Madrid
1999) e City (New York 2001), ás que lle sucederán Regards
(2000-2003), Far East (no Xapón 2003) arredor de certos grupos
urbanos máis herméticos, sexan yakuzas, geishas, onnagatas, monxes
budistas ou pandas urbanas. En 2004-2005 aborda a serie Utópicos cun
achegamento a personaxes considerados “diferentes” pola sociedade –
vagabundos, presos ou individuos excluídos da periferia urbana.
Máis recentemente, achegouse a comunidades e minorias étnicas
marxinadas ou automarxinadas por razóns politicas, culturais,
económicas… os ziganos ou os pobos dos Balcáns e do Magreb, coa serie
Testigos. Actualmente está a realizar un proxecto nas áreas máis
rurais da Península Ibérica, desde Galiza / Fisterra até a conca
mineira do río Tinto (Huelva), sendo testemuña doutras realidades.

As súas fotografias puideron verse en exposicións individuais de
entidades públicas como a Maison Européenne de la Photographie (Paris
2005), Casa Asia (Barcelona 2006), o Museo de Belas Artes de Sevilla
(2006), o Museo de Belas Artes
de Santander (2007), o Centro de Fotografía / Universidade de
Salamanca (2008), e en festivais como Les Rencontres
de la Photographie (Arles, Francia 2008), ou Visa Pour l’Image
(Perpignan 2008).

O seu traballo está representado dende 1999 pola galería Juana Aizpuru.

untitled

Fotografías publicadas en A Nosa Terra

Xullo de 2009

3 Respostas to “pierre gonnord”

  1. BAIXO A PEL. Pierre Gonnord « INÉDITO Says:

    […] VER FOTOS E TEXTOS […]

  2. Lee Fontanella Says:

    Francamente bellisimas. Me pregunto si en su mayoria tienen la cara de ingenuidad de Pepe do Lado, o en cambio, el rostro de perspicacia de O Lagarto. Es decir, ?cual de los dos tipos genericos mas apela a la sensibilidad de P.G.?
    Gracias por avisarme de estas imagenes.

  3. iatas Says:

    Parabéns, gostei de conhecer o blog e ver alguns conhecidos como Palma e Milagros e ainda outros que tantos que não conhecia, vou acompanhar seu blog!

    Iata Cannabrava
    http://www.paratyemfoco.com

Deixar un comentario