olalla r. soutullo

QUEN HABITA?

O proxecto fotográfico “¿Quen habita?” Pretende reflexionar acerca do íntimo e único do espazo máis privado de cada un. A través dunha serie de retratos en habitación comprendidos ó largo das diferentes etapas da vida, que nos amosan o persoal de cada un dos individuos, conformando finalmente, un retrato máis completo da persoa.

Ademais da información visual que nos aporta o retrato en si, o espazo que rodea á persoa (a súa habitación), é esencial. A habitación é ese espazo íntimo, privado, unha especie de vivenda individualizada, chea de personalidade e cun marcado modo de vida. Está conformada por imaxes, desexos, medos, o pasado e o presente. Con pegadas referentes ás rutinas diarias, ós soños, ás esperanzas ou ó propio ritmo persoal. É a fin de contas, o reflexo da persoa, o espazo onde transcorren os nosos días. O noso escenario en tres dimensións, xa que implica psique e alma. Como diría o poeta francés Noel Arnaud: “Son o espazo onde estou”.

Olalla R. Soutullo

Olalla R. Soutullo (Ourense, 1992). Graduada na Facultade de Belas Artes en Pontevedra en 2014.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: