fran herbello

foto03

Foi o entroido. Coma cada ano volvimos  subir ao fallado a remexer na 
roupa vella que gardamos para nos disfrazar de farrovello. Ao facelo, 
os recordos gabean como cando un mira as fotos antigas da caixa de 
puros. Alí, as mesmas prendas  non teñen enrrugas, están novas e 
fican ben tesiñas diante da cámara de fotos, mais  agora son farrapos 
con historia que  vestimos  sen reglas  para nos transformar nun 
burlón que se ri  dos demais, dun mesmo e do pasado… é o bo destas 
festas.       

Fran Herbello

  foto14         foto04

 foto08foto10

 

Datos Persoais.

Suíza (1977) vive en Aldán (Pontevedra) dende o ano seguinte. Ten 
exposto na Fundación Luís Seoane da Coruña; Fundación Granell de 
Santiago; Galería Railowsky de Valencia; Galería Berini de Barcelona; 
Galería C5 de Santiago de Compostela; Estampa; ARCO; Círculo de 
Bellas Artes (PhotoEspaña); Exporafoto de Salamanca; Outono 
Fotográfico
de Ourense; Encontros Internacionais da Imagem, Braga.
As súas fotografías foron incluidas en Blink. 100 Photographers, 10 
curators,10 Writers (editorial Phaidon 2002). No ano 2000 o Centro de 
Estudos Fotográficos
publícalle A imaxe e semellanza,  e no ano 2005  
Mal de corpo (ambos na colección Do Trinque).

Unha resposta to “fran herbello”

  1. FARROVELLOS. FRAN HERBELLO « INÉDITO Says:

    […]  VER FOTOS E TEXTO […]

Deixar un comentario