jon cazenave

GALERNA

GALERNA é un proxecto fotográfico de investigación sobre o pobo vasco.
Que somos os vascos?
Dende pequeno crecín nun “ambiente vasco”, pero hai 3 anos decidín establecer unha postura crítica sobre o que somos e realizar unha reportaxe fotográfica sobre o conflito que me axudase a entender por que a realidade en Euskadi é así de complexa.
Descubrín que este problema fai que a sociedade non se desenvolva correctamente e isto fixo que me reformulase todo o que son.
Ao chegar a este punto decateime da importancia da esencia, do intanxíbel, que atesoura este pobo. Intanxíbel como método para entender o que somos e fotografía como ferramenta para posicionarme no meu ámbito. “Arte para o home” (Jorge Oteiza).
Utilizo a fotografía para construírme como vasco.
Busco respostas na miña terra e o único que atopo son máis preguntas. Quizais onde haxa que buscar é dentro de nós mesmos. É así como elaboro unha historia persoal intimamente ligada ao territorio.

Jon Cazenave

GALERNA

GALERNA is a photographic research project about the Vasque people.

¿Who are Vasque people?

Since I was a child I’ve grown up in a “Vasque environment” but three years ago I decided to establish a critical position about what we really are, and to make a photographic report about the conflict which would help me understand why reality in Euskadi is so complex.

I realized that this problem makes society not to develop appropriately, and this made me reconsider all that I am.

Having reached that point, I noticed the importance of the essence, of the intangible which this people cherish. Intangible as a method of understanding what we are, and photography as a tool to take up a stand in my own environment. “Art for the man” (Jorge Oteiza).

I use photography to build myself up as a Vasque.

I look for answers in my own land and the only thing I can find is more questions. Maybe it is into ourselves where we should really look into. It is so how I make up a personal story which is closely linked to the territory.

Jon Cazenave

  

  

  

  

DATOS

Nace en 1978 en San Sebastián. Licenciado en ciencias económicas e empresariais en 2001 pola Universidade de Deusto. Despois de traballar no mundo das finanzas durante cinco anos, decide mudarse a Barcelona en 2006 para estudar fotografía.

Desenvolveu o interese pola fotografía documental estudando con Pep Bonet (Noor images) e Paolo Pellegrin (Magnum Photos) despois de ser seleccionado para o primeiro Magnum Workshop celebrado en Oslo.
Comezou no fotoxornalismo publicando en diferentes medios e os seus traballos foron recoñecidos con premios nacionais e interancionais.
En 2008 decidiu centrarse no “Conflito Vasco” para entender o seu país. Dende entón traballa en GALERNA, un traballo que o levou por un camiño de documentalismo íntimo. Cre na fotografía como ferramenta para percorrer un camiño cara a si mesmo. Usa as montañas, o mar e as nubes negras do País Vasco para entenderse como vasco. Busca respostas na néboa e o único que atopa son máis preguntas. Quizais onde haxa que buscar é dentro dun mesmo.

PERSONAL DETAILS

Born in 1978 in Donostia receives his B.A. in Economics from the university of Deusto in 2001. He worked 5 years in finance before deciding to move to Barcelona to study photography in 2006.

He developed the interest in documentary photography in several workshops with Pep Bonet (Noor images) and Paolo Pellegrin (Magnum Photos) after being selected to participate in the first Magnum Workshop taking place in Oslo.

His career began creating photojournalistic stories that were published in different media and were recognized by several national and international awards.

In 2008 he decided to focus on the “Basque issue” in order to understand his country. Since then, he believes in photography as a tool to walk a personal path into oneself. He uses the montains, the sea and the black clouds of his country to understand what he is. He searches answers in the fog and the only thing he founds is another question. Perhaps the only place to search is in oneself.

Deixar un comentario