toño de lópez


PACIOS 2011, RETRATOS

Percorrido fotogrráfico polo rostro dunha aldea, a miña, Pacios, no Incio. Reconciliación cun lugar do que marchei fai mais de 15 anos. 34 veciños, 34 retratos na procura do rastro de meu pai, xa finado, nos rostros de todos eles.

Vida e morte cobran sentido mais que nunca nunha aldea na que todos parecen estar agardando algo definitivo. Experiencia vital na que eu volvo a traballar con eles, pero esta vez cunha cámara de pracas de 9×12. Proceso lento, traballo lento, un click emocional, a verdade dos rostros, a verdade dun rostro, ¿cal é a verdade?, non hai unha soa verdade.

Toño de López

PACIOS 2011, PORTRAITS

Photographic tour through the image of a small village, my own, called Pacios, in Incio. A reconciliation with the place from where I left more than 15 years ago. 34 neighbours, 34 portraits, searching all through their faces for the trail of my already deceased father.

Life and death make sense more than ever, in a place in which everybody seems to be waiting for something permanent. Vital experience in which I work with them again, but this time with a 9×12 plate camera. Slow process, slow work, an emotional click, the truth of those faces, the truth of a face. What’s the truth? There’s no single truth.

Toño de López.


  

 

José de Valladares 

DATOS

Toño de López, O Incio, 1969

Titulado na Escola Ramón Falcón de Lugo en Fotografía artística.

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo no ano 2010.

Actualmente vive e traballa en Sarria, Lugo, no seu estudio de arte e fotografía que abre no 2012.

Toño de López, O Incio, 1969

Qualified in Artistic Photography at Escola Ramón Falcón, Lugo.

Graduated in Fine Arts from the University of Vigo in 2010.

He currently lives and works in Sarria, Lugo, in his own Art and Photography Studio, set up in 2012.

 

 

Deixar un comentario