cristina brea

A VIDA É UN ANGUSTIOSO SILENZO

english below

Este conxunto de imaxes pertencen a unha serie máis ampla e a súa vez variable no tempo. A raíz principal parte do rexistro do día a día no que me autorretrato como parte do meu entorno cotiá no que me atopo co silencio como compañeiro.

Trátase dun proxecto no que levo fotografiando a miña vida a través dos autorretratos, de escearios frecuentes como os centros médicos e calquera momento no que non semella escoitarse máis son que o leve movemento do aire e os meus pasos.

Nestas imaxes aparecen fugas, silencios, humidades e ausencias que achéganme a beleza melancólica a través dos espazos baleiros e fríos coma as salas de espera ou os espazos de tránsito.

Este silencio delata a ausencia de compañía e nunca se ve roto por ningunha voz que non sexa a miña. Este silencio é a escusa e a oportunidade de describirme e de atoparme, sendo unha e centos de mulleres ao tempo, nos escearios nos que só estamos o eco e máis eu.

DATOS

Cristina Brea (Vigo, 1973) iniciase na fotografía na Facultade de BBAA de Pontevedra e tras adicarse a fotografar a escea musical galega participando en numerosos traballos discográficos como os de Mercedes Peón, SonDeSeu ou Lucía Martínez hasta finais do 2008, colabora con editoriais galegas como Xeráis ou Galaxia.

En 2014 participa no festival de proxección VISIONS (A Coruña) e en SCANOFF, Festival Internacional de Fotografía de Tarragona con sendos audiovisuais de base fotográfica.

Participa en varias exposicións colectivas como móbil_foto_crea en outubro do 2013, en Diálogos coa imaxe contemporánea en Vigo, na Casa das Artes en agosto/setembro de 2015, e como parte do colectivo AlNorte en decembro do 2015, dentro da programación do Outono fotográfico.

LIFE IS A CREEPY SILENCE

This set of pictures belongs to a wider series and at the same time variable through time. The main root starts at the daily record in which I portrait myself as part of my everyday setting, setting in which I find the silence as my own companion.

It is a project in which I have been photographing my life throughout self-portraits, frequent scenarios as medical centres and at any time in which you cannot listen more than the soft movement of the air and my own steps.

In these pictures there are escapes, silence, humidity and absences that make me feel closer to a melancholic beauty through the empty and cold spaces such as waiting rooms or transit points.

This silence relates the absence of company and it never looks broken by any voice except mine. This silence is the excuse and the opportunity to describe myself, and to find myself, being one and hundreds of women at the same time, in those sceneries in which it’s just the echo and me.

BIO 

Cristina Brea (Vigo, 1973) started with photography in the Faculty of Arts in Pontevedra, and after devoting herself to the Galician musical scene with the participation in many different records with many different artist, such as Mercedes Peón, SonDeSeu or Lucía Martínez. She also collaborates with some publishing companies such as Xeráis or Galaxia until the end of 2008.

In 2014 she takes part in the projections festival called VISIONS (A Coruña) and also in the International festival of Photography in Tarragona, called SCANOFF with each audiovisual works based on her photographies.

She also participates in different collective exhibitions as mobil_foto_crea, in October 2013, Diálogos coa imaxe comtemporánea (Casa das Artes, Vigo, August / September 2015) and as part of the collective AlNorte in December 2015, included in the Outono Fotográfico program.

Translation Elena Brea Lodeiro