luis díaz díaz

castroigrexa burgas  barranca  espenuca

faeira  outeiro

riberas  sanbreixo

santaballa  santamariña

cortiñan

CAIXAS DE MÚSICA
Caixas de música é un proxecto fotográfico que revisita os espazos de 
celebración no rural galego tomando os palcos de orquestra como 
elemento articulador.
Estas construcións, levantadas polos veciños do lugar, serviron 
durante anos para acoller todo tipo de conxuntos musicais durante as 
festas parroquiais. Móstranse aquí baleiros, abandonados ou en 
letargo, permitindo así ao espectador contemplar a variedade das súas 
formas, a paisaxe que os rodea e imaxinar que, nun tempo pasado, 
estuveron cheos de música e de xente.

A serie Caixas de Música foi seleccionada para a Bienal de Fotografía
e Arquitectura de 2010, de Bruxelas.

Datos: Luís Díaz Díaz A Coruña (1978). Estudou Enxeñería de Camiños
e Fotografía na EFTI de Madrid.

VER PÁXINA PUBLICADA EN A NOSA TERRA

Deixar un comentario