xulia aranda

 

 burkas1600color

 

Nada en Vigo en 1985, estudou o Ciclo Superior de Gráfica Publicitaria, na Escola de Artes Ramón Falcón de Lugo, e actualmente cursa a Licenciatura de Belas Artes en Pontevedra.

 burkas4-6002   burkas5-6002    burkas2-6002   

  burkas3-6002                             

BURKAS
 
 A Serie Burkas é unha mostra de cómo nos modelamos ante ás exixencias do mercado.

Un elemento de uso cotiá, unhas medias que cubren uns corpos femeninos, figuras que resultan fermosas nun primeiro ollar, pero que nos achegan a unha realidade diferente.

 O que nun principio se mostra fermoso, tórnase nunha realidade onde atopamos uns corpos que semellan estar sen vida, inmóviles como estatuas, alleos a súa propia realidade. O elemento cotián e inocente dun principio, transfórmase en algo que afoga, comprime e deforma.

 Cunha linguaxe fotográfica propia da publicidade, estas fotografías son o  reflexo dunha pequena loita contra as presións ás que nos sometemos diariamente, dun culto ó corpo que resulta incoherente e fóra de lugar, a incomodidade como beleza. 

Unha resposta to “xulia aranda”

  1. susanamoo Says:

    Estupendas fotos, estupendo blog. Podería tomar algunha prestada para o meu blog http://www.erotomana.com?

    Tamén quixera invitalos ao xornal Certo, que publica a miña visión da sensualidade galega
    http://certo.es/index.php?page=susana-moo

    Saúdos e noraboa polo traballo ben feito

Deixar un comentario