elena cota

NU

 

 

 

Nu está composto por unha serie de dez fotografías de persoas espíndose nos seus espazos cotiáns. As imáxes foron realizadas mediante exposicións prolongadas, o tempo que tardaron en quitarse a roupa. Deste xeito, conséguese a condensación da acción nunha imaxe. Esa imaxe, resultado de rexistrar todo o proceso, vólvese borrosa para o espectador.

As imáxes suscitan unha maneira de mirar nas que se suxire máis do que se amosa. Afeitos como estamos a unha fotografía na que prima o instante, o espectador ten que enfrontarse a estas dun xeito diferente, tendo que construir o significado das imaxes paulatinamente. En definitiva, A idea principal desta obra parte da relación que se establece entre a imaxe fotográfica e o tempo, tomando o concepto de intervalo en oposición ó de instante para intensificar a percepción dunha experiencia.

Elena Cota

 

Elena Cota Álvarez (Pontevedra, 1992). Graduada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 2014.

Deixar un comentario