laura fabeiro

 NÓMADES

Nómades baséase nunha reivindicación contra a crise económica actual que afrontamos dende o ano 2008 e que fixo caer a todo aquel que estaba na corda frouxa.

Máis concretamente, esta obra aborda a indixencia, un dos problemas que esta crise agravou e fixo que nos últimos 4 anos se duplicase a cifra destes persoas nas rúas.

Aínda que a gran maioría son persoas marxinadas ou alcohólicas, hai moitos sen adiccións, desempregados por largo tempo que non atopan traballo e esgotaron os subsidios de desempleo.

As fotografías a simple vista, son retratos de persoas que gozan de total normalidade, pero que esconden historias tráxicas que os levaron á súa situación actual, a indixencia. 

Fuxo do preconcepto do ‘sen teito’, e enfatizo a súa situación mediante textos que eles mesmo escribiron en relación a súa situación.

Os indixentes carecen, maiormente, de un lugar onde habitar, vense polo tanto obrigados a acudir a albergues que lle dan cobixo, comida e nalgún que noutro ofrécenlles a posibilidade do lavado da súa roupa.

Pero estes albergues teñen unha estancia limitada, desde 21 días como máximo no albergue de Pontevedra, ata 3 en Vilagarcía. Situación que os converte en nómades.

Laura Fabeiro

Deixar un comentario