uxía fernández

VANOS

      Cada habitación semellaba unha cámara xigante e a ventá o seu diafragma; unha abertura na parede que deixa entrar luz e permite ver o que nos rodea.

            Cando a fotografía asume o papel ilustrativo que ata entón estaba en mans da pintura, convértese en testemuña da vida diaria. O seu rol é ser ventá que  encadra e enmarca o que nos rodea. Aquela ventá que aparecía no fondo dos cadros e a través da cal podiamos ver diferentes escenas.

          A partir desta idea, xorde   a  formulación dun proxecto que pretende observar e rexistrar as diferentes  olladas que nos ofrece ese elemento arquitectónico tan presente nos distintos campos artísticos.

         Estamos afeitos a observar a paisaxe sen ter un “obstáculo” que nos limite a visión e nola determine. Por iso, decidín centrarme en como se observaría a través dun encadre que xa non só dependa do da cámara fotográfica; senón tamén dunha estrutura xa existente e inmóbil. Paredes que na maioría dos casos contrastan polo seu estado ruinoso co exterior.

    O proxecto  fotográfico “Vanos” establece un diálogo co acto de enmarcar. Emprega  as ventás como estruturas que fan de intermediarias entre espazos interiores e exteriores e que, ó mesmo tempo, semellan ser cadros pendurados desas paredes. Móstrannos diferentes vistas, resaltando a variedade da nosa terra. Paisaxes que só podemos ver así a través desa ventá, do seu vano.

Uxía Fernández 

 

Uxía Fernández López, nada en Monforte de Lemos (Lugo) en 1992. Graduada na facultade de Belas Artes de Pontevedra en 2014.

Deixar un comentario