miriam cabano

CADEIRAS

Os lugares nos que estamos de forma cotiá están plagados de obxetos que nos identifican. Os obxetos que nos rodean falan de nós, da nosa maneira de ser, do noso xeito de actuar. Contan unha historia sobre nós e e a nosa relación co entorno. Eses utensilios que usamos día a día, tal que unha cadeira, constitúen unha representación da nosa personalidade, aínda que moitas veces non nos damos conta porque non reparamos nelas.

Nesta serie fotográfica propúxeme por de manifesto o uso cotiá que lle damos ás cadeiras. A cadeira perde a súa funcionalidade primaria para constituir unha visión propia de cada ser e do estado das súas pertenzas. Cada unha delas é o retrato dun individuo, dun momento xa pasado, dun instante vivido, dunha historia, dun modo de vida, en resumo, dunha identidade propia.

É a captura dunha pegada única nun momento particular de tempo.

Un xeito de plasmar a cotidianeidade íntima e persoal, e dar cabida ó espectador a imaxinar e especular acerca dunha vida axena.

Miriam Cabano

Miriam Cabano Pérez nada en Zurich en 1991, vive en Celanova dende os 3 anos e graduase en Belas Artes na Facultade de Pontevedra en 2013.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: