tomás ochoa

After Hitchcock – micro relatos

Ochoa_Zurich

Dise que Hitchcock sempre quixo  rodar Rear window en localizacións 
naturais pero finalmente fíxoo no decorado artificial máis grande que 
a Paramount  construíra até aquela. O cine sempre foi pródigo en 
arquitecturas ficticias. No presente  a realidade parece  construirse 
como un enorme plató no que se desprega e resplandece a sociedade do 
espectáculo… benvidos ao deserto do real.  As fotografías desta serie 
fan referencia a este paradoxo.
Ochoa_Madrid

Estas imaxes foron tomadas en distintas cidades do mundo cunha cámara 
de fotos e unha de vídeo. En  Madrid, os  gardas de seguridade do 
edificio que fotografaba   –alertados polas súas propias cámaras de 
vixilancia– abordáronme  para me interrogar, mentinlles como un 
bellaco, falei da luz crepuscular, do reflexo da lúa nos vidros  e 
convencéronse de que a súa empresa producira una xoia arquitectónica 
que tiña que ser mostrada ao mundo, pero en realidade estábaos a 
espiar, non fotografaba a arquitectura  senón as persoas a quen as 
paredes transparentes do edificio me permitían osmar… vixiádevos os 
uns a os outros.

Ochoa_New York
É esta mirada voyeurista e de nocturnidade  a que converte o rexistro 
de anódinas escenas –executivos, administrativas e señoras da limpeza 
nas súas tarefas– en micro relatos. Neste punto cabería imaxinar que, 
como en Rear window, algunha paixón furtiva ou algún crime está por 
cometerse. Despois de todo, estou case seguro de que se  Hitchcock 
rodara hoxe a súa película non precisaría  un “decorado artificial”.
Tomás Ochoa

ventana_B

Datos persoais

(Cuenca-Ecuador, 1969), Participou en numerosos eventos 
internacionais: Bienal de Venecia; Bienal de Singapur; Freewaves Film 
Festival (Los Angeles); Festival Internacional de cine de Oberhausen; 
Fri-Art – Contemporary Museum (Fribourg); Swiss Art Awards – Art 
Basel; Kunstmuseum (Luzern); Políticas de la Diferencia  (Valencia). 
En 2004 gañou a beca Marcelino Botín (Santander). Foi incluído  no 
libro 100 Artistas Latinoamericanos (Exit-España). Vive e traballa en 
Madrid e Zúric.

Unha resposta to “tomás ochoa”

  1. AFTER HITCHCOCK-MICRO RELATOS. Tomás Ochoa « INÉDITO Says:

    […] Ver Fotos e texto […]

Deixar un comentario