cristina durán

TRANSFORMADORES

A maioría de nós pasamos parte do noso tempo na estrada, unhas veces por obriga e outras por pracer, facemos centos de kms sen percatarnos da infinidade de paisaxes que quedan atrás. Sobre a paisaxe trata este traballo, unha recoleta de imaxes que amosan lugares cargados de detalles que reflicten o rural galego.

O obxectivo principal, as torretas ou transformadores, son un símbolo e testemuña dun feito importante para todos nós. Inda que non somos conscientes,  non hai tantos anos que chegou a electricidade ós nosos pobos, eu aínda recordo, no pobo no que me criei, algunha cea á luz das candeas, debido aos cortes do tendido. Quen nos ia dicir que hoxe todo o que nos rodea depende da electricidade para funcionar.

Agora poucos anos despois da súa construción, estes transformadores xa están obsoletos, mortos, pero o que non se lles pode negar é que forman parte da paisaxe que nos acompaña ao longo das estradas. Aínda que nalgún caso  a natureza encargouse de mimetizalos, o que si quedan visibles, sobre os fondos de nubes, son os cables que os unían,  que para min son  as coordenadas do camiño a percorrer, outro referente á hora de trazar unha liña no mapa.

Cristina Durán

DATOS

Cristina Durán naceu en  Meira (Lugo) en 1986. Titulada na Escola de Arte Ramón Falcón de Lugo en Cerámica Artística en 2007. Graduada en Belas Artes  (Facultade de Pontevedra 201. Máster de profesorado de educación secundaria ( 2012). Bolsa de colaboración no taller de grabado Facultade de Belas Artes de Pontevedra durante os anos 2012  e 2013. Beca Erasmus na Accademia de Belle Arti Pietro Vannucci en Perugia (Italia)

Deixar un comentario