deborah elenter

Traballo en curso.

O proxecto aborda a vulnerabilidade e a dor das nais no momento do nacemento dun fillo, expondo intrinsecamente emocións desencontradas. A serie articúlase a través da repetición de expresións faciais, presentando así o contexto emocional das nais.

Provocar e confrontar os espectadores mediante un vínculo íntimo e próximo con elas. A simplicidade dos múltiples retratos invitan a crear a imaxe dunha nai universal no momento do parto, unha nai anónima e xenérica á vez.

DATOS

Deborah Elenter (Montevideo, 1978) é enxeñeira e fotógrafa especializada en nacementos. Os seus intereses abranguen temáticas intimamente ligadas a experiencias persoais pasadas e presentes. O seu traballo centrouse na investigación de vínculos, emocións, e lugares ocupados polos diferentes actores durante as etapas do nacemento dun fillo.

Estudou fotografía con Roberto Schettini e na escola TRIS entre os anos 2013 e 2016. Desenvolve o seu actual proxecto persoal no Laboratorio de Creación de Proyectos Fotográficos LUGAR a cargo de Diego Vidart e Pablo Guidali, o cal concluíu cunha exposición colectiva no Centro Cultural España en decembro de 2016.