nacho alonso

ENSAIO SOBRE A NOITE

 

Os meus retratos acusan pesimismo e neles prevalece a sombra. O escuro como algo que non é nin mao nin bo, senón só un lugar que te protexe do brillo do día. Os mellores son transcendentes e pesados. Mais transcendente no sentido en que pode selo o cante jondo. Tamén penso agora no martirio dos santos. Céline deixou escrito na Viaxe á fin da noite que é na fatiga e na soidade cando se manifesta o divino nos homes e eu estou de acordo.

Nacho Alonso

“Se algo non son as fotografías que Nacho Alonso captura no seu deambular pola cara oculta do día é previsíbeis. O que nos dá é outra cosa, outra foto. Nin as postais, nin a esencia dos lugares, nin o intre preciso e fuxidío lle interesan. O seu ollar é distinto e, ante a dúbida, aforra o disparo. ‘Preferiría non facelo’, bisba Bartleby. Retratos ao despiste nun gueto de toxicómanos, cartografías desganadas do mal vivir, bohemias sen partituras… Nos antípodas do conceptual, Nacho é o retratista dunha noite de segunda man, vinte e catro horas ao día. E o resultado é irregular, auténtico e intenso.

Juañ Gallego

Nacho Alonso naceu en Vigo en 1975.

Deixar un comentario